top of page

XURADO DE FICCIÓN

Jorge Coira_Foto.jpg

Jorge Coira

Director e guionista.

Nado en Rábade (Lugo), iniciou a súa carreira profesional a finais dos anos 90. Despois de iniciarse en curtametraxes como “Mofa y Befa en Gran liquidación” e “O matachín”, en 2004 estrea a súa primeira longametraxe: “El año de la garrapata”. A súa seguinte película, "18 comidas" -estreada en España a finais de 2010-, recibiu numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas de máis de 10 países do mundo.

Dirixiu series para a TVG –“Terra de Miranda”, “As leis de Celavella”, “Padre Casares” e “Luci”; así como a nivel nacional – “El comisario”, “RIS”, “Pelotas” ou “I know who you are” entre outros. En 2016 gañou o Goya á mellor montaxe polo seu traballo en "O descoñecido", de Dani de la Torre. A última serie que dirixiu é “Hierro”, de Movistar+ e Arte France.
Anxos_FotoDeSabelaEiriz.jpg

Anxos Fazáns

Directora e actriz.

 

Nada en Pontevedra en 1992. Estudou Comunicación Audiovisual na Uvigo, o Máster de Dirección de Cine na ESCAC e o Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo.

"A Estación Violenta" é a súa primeira longametraxe. Unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois producida por Matriuska e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xose Barato e Antonio Durán Morris. Viaxa por varios Festivais Internacionais entre os que destaca o Festival de Cine Europeo de Sevilla e o BAFICI de Bos Aires. Ademais, recibiu 8 candidaturas aos Premios Mestre Mateo da Academia Gallega.

No 2019 estrea a curtametraxe "Analóxica", producida por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación "Sed", resultado das Residencias Artísticas Injuve 2019.

Actualmente desenvolve a súa próxima película "As Liñas Descontinuas", seleccionada na Incubadora de ECAM e no laboratorio de guión Sources2. Ademais, está en fase de produción da curtametraxe "Habitar", coa que pretende investigar o concepto de fogar a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia e que conta con financiación de AGADIC.

bottom of page