top of page

XURADO DE NON FICCIÓN

IriaSilvosaPeteira (1).jpeg

Iria Silvosa

Iria Silvosa Peteira (Vilalba, 1992). Graduada en Comunicación Audiovisual, especializada en montaxe e socia-traballadora na coopertiva NUMAX.
 

No campo da creación, dirixe as súas propias pezas centradas nos soportes analóxicos e prácticas consideradas máis "caseiros" coma en 'a Loba' filmada en super-8, coa que formou parte do catálogo do Shorts From Galicia 2021 e participou no Ribalta experimental film festival.

 

Dende a montaxe continúa esta exploración dos lindes do narrativo en proxectos coma o filme 'A estación violenta' de Anxos Fazáns ou 'Análoxica', da man da mesma directora, dentro do proxecto de cinema erótico de Erika Lust.

berio-molina-area (1).jpg

Berio Molina

Berio Molina (1979) naceu en A Fonsagrada (Lugo). É licenciado en Belas Artes no ano 2003. Ten o título de Máster en Artes Dixitais (2005) pola Universitat Pompeu Fabra e o Máster en Computer Graphic Design (2009) polo R.I.T. de Nova York.

 

Dende o comezo interesouse pola creación colectiva sendo membro do grupo de performances Flexo, do colectivo de estudos aurais escoitar.org e do colectivo de arte e acción libre alg-a. En 2019 estrea a súa primeira longametraxe 7 limbos na Mostra de Cinema Periférico (S8), gañadora do premio á mellor dirección de obra experimental no IV Premios Crea, coa que viaxa por varios festivais internacionais como o Istambul International Experimental Film Festival (IIEFF), o Festival Internacional de Cine experimental de México (CODEC), ou o Festival Internacional de Cine Márgenes.

 

No 2016 estrea a curtametraxe Campo no FIVA de Arxentina, galardoado co 3º premio do festival. En 2021 estrea a curtometraxe Radio Cu Cu no Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. Logra seleccións en festivais como FIVA de Arxentina e World Cinema Carnival en Calcuta. En 2018 realiza a post-produción de audio da película La Estrella Errante de Alberto Gracia. Actualmente compaxina a tarefa investigadora no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporáneo da UVigo co traballo como cineasta e artista. O seu libro Setras, que nace no contexto de investigación da súa tese sobre a linguaxe sonora, recibe o Premio especial do xurado no Puchi Award (2017) outorgado por La Casa Encendida e a editorial Fulgencio Pimentel.

bottom of page