FACOM FEST
UN FESTIVAL DE CINE PARA AS OBRAS DE ESTUDANTES GALEGOS
FILMES AMATEUR DE DIRECTORES RECOÑECIDOS
Os directores máis recoñecidos tamén comezaron nalgún punto
Eraserhead (David Lynch)
Con este debut, o cineasta David Lynch establece un punto de partida único e perturbador para a súa filmografía. Trata a historia dun bebé que nace prematuramente e cunha malformación que o fai inhumano. As influencias e as liñas temáticas que perseguerá Lynch nas súas futuras obras xa están presentes nesta ópera prima de 1977 eloxiada pola crítica e considerada un filme de culto.
Bottle Rocket (Wes Anderson)
O filme co que debutou o aclamado cineasta Wes Anderson serviulle como catapulta para seguir desenvolvendo o seu particular estilo e para continuar sorprendendo e seducindo tanto á crítica coma ao público mundial.
THX 1138 (George Lucas)
Aínda que Lucas é coñecido pola franquicia de Star Wars, esta longametraxe protagonizada por Robert Duvall sobre unha sociedade distópica controlada mediante drogas consGtúe o seu debut no cine, e continuaría producindo outro filme de culto dous anos despois: American Graffiti.
Un 32 août sur terre (Denis Villeneuve)
Esta primeira longametraxe de Villeneuve comeza coa súa etapa de filmes canadenses que logo cambiará por producións estadounidenses de alto presuposto, aínda que sen comprometer a súa visión e preferencias temáticas e estilísticas, que xa se deixaban ver nesta traxicomedia sobre a maternidade.
Mean Streets (Martin Scorsese)
Scorsese adéntrase por primeira vez no mundo do crime organizado a través de dous personaxes dos barrios baixos. Protagonizada por Harvey Keitel e Robert De Niro, este filme supuxo o comezo dunha extensa filmografía, amosando xa os puntos temáticos e estilísticos que máis tarde depuraría como director.
Dark Star (John Carpenter)
O debut do director John Carpenter (The Thing; The Fog; They Live; Halloween) é esta sátira de ciencia ficción de baixo presuposto sobre un grupo de científicos que se dedican a destruír planetas inestables.
Firelight (Steven Spielberg)
Esta curtametraxe costou 500 $ e supón o debut como director de Steven Spielberg, con 17 anos.
Slacker (Richard Linklater)
Este filme cun toque filosófico e cómico consiste no debut como director de Richard Linklater (Boyhood; The Before Trilogy; Dazed and Consfused). Grabado con actores non profesionais e un presuposto reducido, neste filme pódense observar xa o estilo tan característico deste director, cuxa obra posterior afonda nestes temas con máis detalle.
Badlands (Terrence Malick)
Con este filme protagonizado por Martin Sheen e Sissy Spacek, Malick comeza a súa obra cargada de filosofía, violencia, paisaxes enormes e a busca do sentido da vida.
Les Quatre Cents Coups (François Truffaut)
A primeira longametraxe do célebre director francés e pioneira do movemento cinematográfico da Nouvelle Vague, feita cun presuposto de 50.000 euros.