top of page

Venres 2 de decembro do 2022. Hora: 12:00. Lugar: Auditorio Facultade de ciencias da comunicación (USC).
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.

Como vender o teu proxecto?


Obradoiro sobre a preparación e realización dun pitching a cargo de Belén Puime. A sesión tocará os diferentes puntos a ter en conta no proceso de preparación dun pitching, con explicacións e consellos dunha persoa con experiencia no tema.



Sobre Belén Puime




Belén Puime, nacida na Coruña en 1998, é graduada e Premio de Excelencia en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras os seus primeiros estudos universitarios, cursou o mestrado de formación para o profesorado de secundario, no que levou acabo o seu proxecto sobre a implicación do tik tok dentro do ensino artístico nos institutos, e recentemente acaba de graduarse do mestrado en produción
xornalística e audiovisual (MPXA) da Voz de Galicia.

No entorno laboral, dende o 2019 ata o 2021 foi a directora de produción da longametraxe "Un sol radiant" (gañadora no Festival D'A 2022) traballou como axudante de produción en desenvolvemento de produtos de ficción na empresa galega Setemedia e actualmente, traballa como bolseira na produtora Unicorn Content, do grupo Mediaset España, á par que dirixe os contidos da súa webserie "Pringadas", gañadora no Festival Carballo Interplay 2021.



bottom of page