top of page
FACOM FEST
UN FESTIVAL DE CINE PARA AS OBRAS DE ESTUDANTES GALEGOS
Martes 29 de novembro do 2022. Hora: 12:00. Lugar: Auditorio Facultade de ciencias da comunicación (USC).
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.
Da partitura á pantalla
Encontro coa produtora Trece Amarillo, que nos falará sobre o proceso de creación e produción dun videoclip: procesos, pasos a seguir, adaptación da música ao vídeo, rodaxe, posprodución... A actividade pretende ofrecer un achegamento ao mundo dos videoclips, dende o punto de vista de dúas persoas que coñecen de primeira man o funcionamento do sector laboral actual.
Sobre Trece Amarillo
A produtora Trece Amarillo, con sede en Marín (Pontevedra), está baixo o cargo de Diego M.Barcia e Diego Santaclara. Son os creadores dos videoclips do grupo Tanxugueiras (entre os que podemos atopar títulos como Figa, Midas ou Pano Corado), aínda que tamén teñen experiencia en eventos musicais, cine e publicidade. No ámbito dos videoclips gañaron diversos premios, entre os que destaca un Mestre Mateo (2022).
bottom of page