top of page

Xoves 1 de decembro do 2022. Hora: 10:30. Lugar: Museo das Peregrinacións.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.

Existe a diversidade nas redes?


Mesa redonda sobre a diversidade nos contidos dixitais, moderada por Marta Pérez Pereiro e coa participación de Nee Barros, Paula Jorge e Césarrg. A conversa reflexionará sobre a diversidade existente na actualidade nas redes sociais, e se estas son un espazo seguro de expresión e representación de colectivos invisibilizados. Do mesmo xeito, falarase sobre as diferenzas entre a diversidade nos contidos dixitais en comparación co audiovisual de cine e series, e se un ámbito pode influír no outro.



Marta Pérez 



Marta Pérez Pereiro é actualmente profesora na facultade de Ciencias da Comunicación e delegada de igualdade da USC. Forma parte tamén do Grupo de Estudos Audiovisuais, dende o que se organizan, por exemplo, as sesións CO(M)XÉNERO; e participou en proxectos de investigación como “Cine, diversidade e redes” (2012) ou “Euvos: para un programa para subtitulado en linguas non hexemónicas” (2019).


Nee Barros



Nee Barros é divulgadore cultural, escritore e youtubeire. Nas redes podes encontrá-le como @neeumatiko a falar de literatura em galego, do coletivo LGBTIQA+ e de música (principalmente no seu canal do YouTube). Também tem dous livros publicados: Identidade. A normalidade do non-común e 19 poemas para um VÍRUS-19; assim como um podcast: Conversas Perversas.


Paula Jorge



Paula Jorge Horta, nada en Burela en maio de 1989. Graduada en maxisterio na Universidade de Vigo no ano 2019. Previo a isto estudou o ciclo de Técnico en educación infantil na cidade da Coruña. Estudando as oposicións para mestra e traballando na hostalaria. Apaixonada das redes socias e do emprego da lingua galega nas mesmas. Unha das protagonistas da serie da RAG Superheroínas e participante na serie de Clan, Argonautas.



César



Cés emprega o pronome “el” e ten 20 anos, nado o 14 de agosto de 2002 (é unha Leo Queen). É dunha aldea de Sofán (Carballo), pero agora está vivindo na Coruña. Estudou o ciclo superior de fotografía na Pablo Picasso en Coruña e actualmente está traballando nunha axencia de comunicación, Galicia de Moda. A parte de fotógrafo é modelo, está aprendendo a pinchar e é creador de contido en galego en Instagram e TikTok.
bottom of page