FACOM FEST
UN FESTIVAL DE CINE PARA AS OBRAS DE ESTUDANTES GALEGOS
Carlos foi vivir ao mar
Ano: 2022
Idioma: -
Duración: 14 min 11 seg
Dirección: Fernando Areal
Sinopse:
Un home de mediana idade, tras atravesar unha dura ruptura, trasládase a unha pequena casa na costa para vivir illado. A vivenda apenas ofrece as condicións básicas para ser habitada. O protagonista debe adaptarse ao seu novo fogar ao mesmo tempo que lidia coa sensación de terperdido todo, incapaz reiniciar a súa vida. Mentres mantén esta loita interna, Carlos ten outra tarefa, a de conseguir auga na súa nova vivenda; unha busca simbólica dunha nova oportunidade. Por puro azar descobre unhas varas de abeleira, unha ferramenta na antiga profesión dos zahoríes que, baseada na técnica da radiestesia, serve para detectar fluxos de auga baixo terra. Se ben nun primeiro momento amósase escéptico ante tal posibilidade, decide intentalo coa esperanza de atopar restos de auga, ou tal vez de ilusión.