FACOM FEST
UN FESTIVAL DE CINE PARA AS OBRAS DE ESTUDANTES GALEGOS
Desde el día en que nací
Idioma: Castellano
Duración: 2 min 12 seg
Dirección: Isaac Gulías
Sinopse: Desde el día en que nací componse a través dunha reflexión sobre o remorso e a procura desesperada dunha liberación mental a partir da morte do individuo. Lo pienso, Desde el día en que nací é o título orixinal estendido da peza, e fai referencia a unha idea de auto insuficiencia constante, de sometemento absoluto á mente ata o punto de perder a vida; “penso na miña morte desde o día en que nacín”. Unha autorreflexión sobre o impacto que teñen as nosas accións na vida do resto de individuos, e cómo se traduce ese peso sobre a mente dunha persoa incapaz de soportar tal responsabilidade.
Na curtametraxe, da penas dous minutos, un home anónimo lembra todos os momentos nos que fallou ao xogo da vida; momentos nos que cometeu erros, danou a alguén próximo ou a el mesmo, á vez que o seu corpo colga dunha corda e queda aos poucos sen osíxeno. Vivimos os últimos minutos de vida do protagonista, mentres lembra todas as cousas das que se arrepinte; arrepíntese do vivido, desde o día en que naceu, pero tamén se arrepinte da drástica decisión que acaba de tomar. Finalmente, o seu corpo queda abandonado na rama dunha árbore, mentres que a vida ao redor continúa sen ningún cambio. Unha viaxe experimental a través do remorso, o arrepentimento e a procura desesperada por unha paz final.